galegofobia « O divino ferrete

Do porteiro de discoteca galegófobo

“Ir á discoteca Vanitas en Ourense, pedirlle ao porteiro que che deixe entrar para recoller algo que esqueciches e que che diga NO ME HABLES EN GALLEGO QUE NO TE ENTIENDO quere dicir moitisimo! Xa sei onde non voltar!” – Rubén Fernández Villarino.

{Fonte: Facebook}

Insúltannos

Malia que preto do 40% dos pais e nais das sete cidades galegas queren que os seus fillos sexan educados en galego, o 88% das aulas serán impartidas en castelán de todos os xeitos.

A falta dos datos de 30 centros –que os colexios non quixeron facer públicos ou que aínda non eran definitivos–, o resultado é moi prexudicial para o galego, precisamente nas contornas onde todos os estudos destacan a masiva perda de galegofalantes nos últimos anos. Así, dos 141 centros urbanos de Infantil analizados, en tan só 17 as familias elixiron maioritariamente como lingua principal o galego, mentres que en 87 optaron polo castelán e en 7 houbo un empate que agora as autoridades educativas deberán solucionar. Os 30 restantes non teñen datos finais. En definitiva, o 62% dos centros educará os cativos en castelán, o 5% debería facelo nas dúas linguas e o 12% en galego, unhas porcentaxes que poderían empeorar para a lingua propia vista a tendencia e á espera do 21% restante cuxa decisión aínda non se coñece.

Nos casos concretos das cidades de Pontevedra e da Coruña soamente un colexio imparte clases na lingua propia de Galicia.

{Fonte:STEG}