historia « O divino ferrete

Ilustres da prostitución (II)

[Entrada continuación de Iustres da prostitución I]

Numerosas personalidades ao longo da historia recorreron ao servizo de prostitutas e/ou prostitutos, e mesmo algúns prestaron servizos sexuais remunerados. Destacan entre eles os seguintes:

  • Miguel Anxo: Sentía paixón pola beleza do corpo, neste caso, masculino. Así o proban estatuas como o David, considerado por moitos como a quintaesencia da beleza física masculina. Chegou a contratar os servizos de mozos prostitutos, como un tal Febo di Poggio.
    • Henrique VI de Inglaterra: este monarca, aborrecido da súa esposa, adoitaba frecuentar outras compañías que lle proporcionaban un pracer renovado. O seu confesor, farto da reiteración do seu pecado, díxolle: “Non mostrades propósito de emenda, Sire, así que teño que recordarvos que é un requisito para a absolución que deixedes de visitar outros leitos que non sexan o voso conxugal”. O monarca non respondeu nada, pero a partir de entón invitou a comer diariamente ó seu confesor, dando ordes ó seu cociñeiro para que ó clérigo sempre se lle servise perdiz. E así se fixo durante un mes, ata que o sacerdote amosou o seu cansazo ante a repetición do mesmo manxar. Ó que, sorrindo, Henrique IV replicou: “Agora vedes, reverendo pai, o que me sucede a min coa raíña.”
    • Luís XIV de Francia: tamén chamado o “Rei Sol”, buscábaas el mesmo dentro da corte, agasallándoas con toda clase de regalos.
    • Franz Schubert: músico brillante, que levou unha vida bohemia rodeado de intelectuais, amante das tabernas, dos “ambientes populares”, e tamén dos prostíbulos. De gran envergadura e pouco agraciado fisicamente, posiblemente buscase a compañía das prostitutas ó non ter éxito nos asuntos de amor. Morreu, como tantos outros xenios, de sífilis.
    • Prosper Mérimée: historiador e arqueólogo francés, que escribiu Carmen e outras narracións baseadas nos seus coñecementos de campo do “modus operandi” da putas andaluzas, quen lle deixaron profunda pegada.
    • Hugh Grant: actor estadounidense arrestado en 1995 por recibir sexo oral dunha prostituta, polo cal se desculparía despois nun programa de televisión.

    {Fonte: Artigo Prostitución da Wikipedia en galego}

    Mitoloxía e homosexualidade

    A mitoloxía grega reflicte a normalización das relacións homosexuais emparellando as súas divindades con cadanseu amante: Zeus raptou a Ganimedes, do que se namorara; o amor de Heracles por Iolano era celebrado cunha festa anual (a Iolaleia) en Tebas; o amor de Apolo por Xacinto celebrábase en Esparta; Aquiles tamén é presentado co seu amante; Orfeo amaba a Calais, a quen as mulleres tracias mataron levadas polos celos; e tantos outros exemplos.

    {Fonte: A homosexualidade na historia}

    Escroto de león

    Dotar de saco escrotal un dos dous leóns de bronce do Congreso dos Deputados de España é o obxectivo dunha iniciativa posta en marcha pola canle de televisión Historia. Mentres que nun dos dous felinos que flanquean a entrada principal do Palacio da Carreira de San Jerónimo pode observarse claramente a existencia dos seus testículos, no outro -coa súa cola a nivel de chan-, non son visibles. Por este motivo, a canle de televisión dirixiuse á comisión de Peticións do Congreso para ofrecerse a colocar de maneira gratuíta o saco escrotal que afirman que falta nese león.

    {Fonte: Huffington Post, vía El Jueves}

    Moda e mulleres

    As mulleres reinaron sobre o fío e a agulla desde o principio dos tempos. Pero fixérono na sombra, agochadas por pais e maridos no interior doméstico. Da Penélope de Ulises, que tece polo día e destece á noite, á lorquiana doña Rosita la Soltera, que borda na súa casa o seu van enxoval. O paradoxo é que o oficio como tal non o puideron exercer as mulleres até ben entrado o século XVII. «Na Idade Media os xastres, organizados en gremios, cosían tanto para homes como para mulleres, pero era unha profesión que legalmente só podían practicar eles», explica Amalia Descalzo, experta en Indumentaria barroca e profesora da Universidade de Alcalá de Henares. «Foron as francesas as que lograron que Luís XIV recoñecese en 1675 a existencia xurídica da comunidade de mestras costureras», conta Descalzo.

    {Extracto traducido da reportaxe Las modistas de toda la vida, de Laura Requejo e María Victoria Aroca, publicada no diario El País o 16 de setembro de 2012}

    Piercing nas mamilas

    Na Roma dos centurións, os membros da garda do César levaban aros nas mamilas como mostra da súa virilidade e coraxe así como un accesorio das súas vestimentas que lles permitían pendurar as curtas capas que usaban. Esta práctica tamén foi bastante común tamén entre as mozas da alta sociedade da época vitoriana. No caso delas, facíano para realzar o diámetro das súas mamilas.

    {Fonte: Datosychicas}

    O bukkake orixinal

    O bukkake é unha práctica sexual non demasiado frecuente. Ten que ver con que moitos homes exaculen por riba dunha muller. A súa orixe é certamente atípica. Todo comezou en Xapón, onde séculos atrás o home que era enganado pola súa muller tiña permitido castigala e humillala diante doutros homes, ao propiciar que estes ciscasen por riba do corpo dela o seu seme. Estes castigadores pertencían á mesma comunidade. O significado desta práctica sería o mesmo que para nós hoxe pode ser cuspir na cara de alguén como forma de humillación. Con todo, co correr dos séculos así como por efecto da globalización das prácticas sexuais, o bukkkake converteuse nun atractivo para algunhas mulleres e homes dispostos a xogar na cama. E hoxe é o que: unha fonte máis de vicio.

    {Fonte: Datos y chicas}

    Pepa a Loba

    {Extracto minimamente modificado da Galipedia}

    Pepa a Loba é unha figura mítica de Galicia e unha figura lendaria de bandoleira galega dende finais do século XIX, que segundo a lenda acadou gran sona asaltando camiños e roubando a caciques e cregos. É a muller arquetipo do bandoleirismo xeneroso moi espallado en Europa, como por exemplo Robin Hood en Inglaterra.

    Os contos que falan da existencia dunha bandida chamada Pepa a Loba, quen dirixiría a súa propia gavela de ladróns, son moitos e están espallados por toda Galicia. Todos eles fan referencia ao século XIX.

    Ademais dos contos, existe unha referencia escrita que parece probar a existencia real de Pepa a Loba e é unha mención que a escritora e penalista Concepción Arenal fai dela logo dunha visita ao cárcere da Coruña.

    O escritor Carlos Reigosa, autor dunha novela sobre a vida de Pepa a Loba, entende que, segundo as súas fontes, a famosa bandida debeu nacer no norte da provincia de Pontevedra contra a década de 1830, que actuou nas terras do centro do país, desde Monterroso ata a costa occidental, e que nos anos sesenta mudou o seu ámbito de operación cara ás terras do norte de Lugo. Segundo Reigosa, ademais, habería testemuñas populares que apuntarían á existencia dunha casa da súa propiedade na Terra Chá e que antes de estar presa na Coruña pasara polo cárcere de Mondoñedo.

    Outra posibilidade que se baralla é que houbese máis dunha Pepa Loba. Desta maneira, unha primeira bandida levaría este alcume, e outras mulleres que se dedicaron ao bandoleirismo adoptarían ou ben serían coñecidas pola mesma denominación. Iso podería explicar a cantidade de referencias á existencia de Pepa a Loba que se dan por toda Galicia.


    Máis información en:

    *Álbum de mulleres

    * Galipedia

    Autor: Vítor Vaqueiro

    Elas foron eles

    Son moitas as mulleres que ao longo da historia decidiron masculinizar o seu aspecto para acadar unha meta que, até ese momento, só estaba reservada aos homes. Un gran número delas permaneceu no anonimato, perdidas na memoria. Outras, en cambio, pasaron a formar parte da nosa historia.

    A galega Concepción Arenal foi a primeira muller en asistir á universidade. Para conseguilo, fíxoo dentro duns pantalóns e debaixo dun sombreiro, a mesma roupa que máis adiante utilizou, canda o seu marido, para poder participar nos faladoiros que a mediados do século XIX acontecían nos cafés de Madrid. Tamén escribiu baixo o nome do seu fillo pequeno, un engano que lle permitiu ser a primeira muller premiada por unha Real Academia.

    Outra galega, Elisa Sánchez, fíxose pasar por Mario para poder casar con Marcela Gracia, a súa amante e compañeira. Convertéronse no primeiro matrimonio feminino da península, aínda que para poder chegar a selo unha delas tivo que mudar de pel. O engano foi descuberto por La Voz de Galicia e as dúas mulleres víronse obrigadas a fuxir do país para non ser condenadas.

    Tamén Xoán VIII, un papa do século IX, foi unha muller que escondeu o seu corpo debaixo do hábito. Algunhas versións aseguran que Xoana, ese era o seu nome real, quedou embarazada e chegou a dar a luz, un feito polo que foi condenada a morrer na cárcere. Un castigo que seguramente non lle foi imposto por ter mantido relacións sexuais, senón por ser unha muller ocupando o espazo dun home.

    Outra gran muller foi Caterina Albert, unha escritora catalá que baixo o pseudónimo de Víctor Català escribiu grandes obras como Solitud ou Drames rurals. Este último título provocou certa polémica por ser un tipo de literatura moi crúa. Evidentemente, a polémica veuse agudizada cando se descubriu que o autor era unha dona.

    Historicamente as mulleres temos sido relegadas da vida pública. Os nosos roles de reprodutoras e coidadoras da prole obrigábannos a manternos afastadas da vida pública, un ámbito reservado ao sexo masculino. A rebeldía permitiu a algunhas mulleres poder chegar a ser e deixar de estar, simplemente. Pasaron de ser mandadas a tomar decisión por elas mesmas. E aínda que pareza que estas vidas foron reais hai millóns de anos luz, hoxe en día vestir con traxe ou actuar como “debe” facelo un home segue a ser efectivo para conseguir determinados obxectivos. Aínda precisamos de máis rebeldes!

    Progresa adecuadamente

    No curso escolar 2013/1014, Historia do colectivo homosexual será unha das materias obrigatorias nas escolas públicas californianas. A lei obriga xa ao ensino da historia doutras minorías como as mulleres, os afroamericanos, os mexicanos, os asiáticos ou as persoas de orixe indio.

    - “Esta decisión non ten nada que ver co sexo, senón coa discriminación que sofren certas comunidades.” – Carolyn Laub, directora da Gay-Straight Alliance Network.

    - “Penso que é evidente que existe unha tendencia a rexeitar e temer aquilo que descoñecemos, co que non estamos familiarizados.” – Mark Leno, senador californiano abertamente homosexual.

    * En galego a palabra gai emprégase con frecuencia como sinónimo de homosexual, mais en realidade soamente se refire aos homes. Porén, na tradición anglosaxoa abrangue tanto os homes como as mulleres.

    O estado da Wikipedia

    JImmy Wales, neste vídeo popeiro de máis, explica sen entrar en detalle de onde vén e cara a onde vai a Wikipedia.

    The State of Wikipedia

    View more videos from JESS3.