homosexualidade « O divino ferrete

A homosexualidade como delito

A homosexualidade é un delito en 80 países do mundo. Nalgúns, como en Irán, Iemen ou Arabia Saudita, onde se aplica a sharia, ese delito págase coa morte. Uganda, un dos países máis profundamente cristiáns de África, tamén decidiu modificar o seu código penal para condenar á morte os homosexuais. O proxecto de lei, actualmente en discusión no Parlamento de Kampala, contempla a execución para a chamada homosexualidade agravada ou reincidente, e a cadea perpetua para todo aquel sorprendido tendo relacións sexuais con alguén do mesmo sexo.

{Fonte: Caza al homosexual, no diario El País.}

Costelas versus homosexualidade

Gran chío de @Todomorbo.

Do cretino homófobo

(…) Feijóo ser é solteiro, así que agora poderá casar con quen queira e facelo legalmente, co amparo da Constitución Española, da que tan devoto é. Se quer, mesmo, poderá casar con alguén do seu mesmo sexo, alguén ao que secretamente odie, polo mero feito de ser homosexual. É un comezo inusual para un matrimonio, ben o sei, casar con alguén a quen odias. Pero o certo é que un sempre casa con alguén a quen ama, e mira ti como adoitan acabar as cousas.

Texto extraído da entrada A homofobia sen coartadas e os muchos-amigos-gays, do blog Un País en Lata, administrado por Fran P. Lorenzo.

Mitoloxía e homosexualidade

A mitoloxía grega reflicte a normalización das relacións homosexuais emparellando as súas divindades con cadanseu amante: Zeus raptou a Ganimedes, do que se namorara; o amor de Heracles por Iolano era celebrado cunha festa anual (a Iolaleia) en Tebas; o amor de Apolo por Xacinto celebrábase en Esparta; Aquiles tamén é presentado co seu amante; Orfeo amaba a Calais, a quen as mulleres tracias mataron levadas polos celos; e tantos outros exemplos.

{Fonte: A homosexualidade na historia}

Armario olímpico

“Gustaríame que chegase o día en que a sexualidade sexa tan importante e interesante coma a cor do pelo ou a dos ollos. Un día chegaremos a iso” – Matthew Mitcham, saltador de trampolín australiano.

Nas Olimpíadas de London 2012 participan 12.602 deportistas entre homes e mulleres. Porén só 25 deportistas (incluídas dúas persoas que participan nas paralimpiadas) e dous adestradores se declararon abertamente homosexuais, a maior parte delas mulleres. Isto supón un aumento respecto ás 11 de Atenas e os 10 de Beijing. Con todo, é aínda un número moi baixo.

O caso Fashanu

Justin Fashanu, nado en febreiro de 1961, foi un xogador inglés de fútbol que xogou para unha serie de clubs entre 1978 e 1997. A súa transferencia ao Nottingham Forest converteuno no primeiro xogador negro que custou un millón de libras. En 1990 Fashanu foi tratado con hostilidade tras converterse no primeiro futbolista de certa fama que se identificou publicamente como homosexual. En 1998 foi interrogado pola policía dos Estados Unidos de América cando un mozo de 17 anos o acusou de agresión sexual. A policía abandonou o caso por falta de probas, mais Fashanu suicidouse o 2 de maio dese mesmo ano, aforcado nun garaxe, en protesta porque segundo el «xa fora considerado culpable».

Apuntamentos (XXXIII)

“A homofobia é racismo. No fútbol e no deporte en xeral aínda existe un tabú sobre a homosexualidade, cando a xente debería vivir libre de acordo aos seus propios desexos e sentimentos”, escribiu no proemio do libro Il campione innamorato. Giochi proibiti dello sport Cesare Prandelli, seleccionador co combinado italiano que está a disputar este días a Eurocopa de fútbol de Polonia e Ucraína. Pero algúns intelectuais da pelota está visto que non saben senón vogar á contra, o último Antonio Cassano quen afirmou (con desculpas a posteriori):

Se digo o que penso, ármase. Que se hai maricóns no vestiario? É problema deles, a min non me afecta. Pero eu espero que non os haxa…, se non, xa sabes, veñen os ataques de todas partes.

Homosexualidade no rural

Vivir no armario segue a ser opción elixida por moitos e moitas homosexuais tanto nas capitais da costa coma no interior galego, mais este fenómeno rexistra moita máis intensidade nos núcleos rurais e nas vilas medias. No tempo no que a homosexualidade se normaliza na elites culturais, políticas e mediáticas, o pasar desapercibido e non sinalado por ter unha determinada opción sexual segue a preocupar a moitos homes e mulleres que non queren ser recoñecidos ou incluídos en certos grupos sociais.

Fragmento da reportaxe Ser gai no rural galego: o camiño pendente, de Praza Pública.

Daldry, gai con muller e fillos

“Son totalmente gai, pero practico o sexo cunha muller e crio os meus pícaros nun modelo de familia tradicional“. Así se define Stephen Daldry, cineasta responsable de filmes como Billy Elliot, The Hours ou The Reader.

{Fonte: Askmen}

Relixiosos que castran gais [literal]

Unha decena de menores sufriron castracións forzadas na década de 1950 en centros psiquiátricos católicos en Holanda polo seu “comportamento homosexual” ou como castigo por denunciar abusos no ámbito eclesiástico, publica o xornal holandés ‘NRC Handelsblad’.

{Fonte: NRC Handelsblad, vía El Mundo}