

Hai factores sociais e culturais que inflúen no modo de expresarmos a sexualidade. Esta depende de como cada sociedade regula as normas de comportamento a través das leis, da moral ou da relixión. As relacións sexuais son e foron un tema controvertido ao longo da historia de todas as civilizacións, especialmente nas culturas xudea e cristiá. As relixións influíron dunha forma importante no concepto da sexualidade. Actividades sexuais como o adulterio, a homosexualidade, o sexo grupal e as relacións prematrimoniais poden ser rexeitados ou aceptados por determinados grupos sociais, aínda que son prácticas non sancionadas en gran parte de Occidente e noutros lugares, mentres que existe unha tendencia punitiva en sociedades teocráticas ou fundamentalistas.
Pois iso, que algúns e algunhas teñen que mirar con outros ollos.
{Fonte: Galipedia}

{Fonte: @costacancio}

* O Observatorio da Imaxe das Mulleres contabilizou en 2010 un total de 2.440 queixas pola imaxe que da muller ofrecen os medios de comunicación e a publicidade. A televisión é o medio con maior número de reclamacións, con 1.805. Tamén destacan as 317 demandas contra anuncios publicitarios. O 20% de todas estas reclamacións foron cursadas por homes. Ao dicir da directora do Instituto da Muller, a galega Laura Seara, “é un paso cualitativo moi importante, porque significa que eles se senten parte da loita pola igualdade”.
***
* O 12% das páxinas web que hai na rede son de contido pornográfico.
***
* Unha parella de mozos de 19 anos foi rescatada nun río próximo a Melbourne logo de naufragar cunha boneca inchable da que se valían para facer rafting.








