imaxes « O divino ferrete

Porno non buscado

Secuencia de imaxes pornográficas non pretendidas.

{Fonte: 9gag}

Espidos camaleónicos


{Fonte: Artblog de Alec Shao}

Pintar o corpo

A wikipedia (por certo, a rama inglesa está hoxe de baixa, e con toda a razón) tira moitas das fotos do proxecto irmán que lle serve de repositorio de imaxes, o Commons. Alí, en Commons, hai infinidade de fotografías e debuxos de interese, e polo xeral veñen bastante ben agrupados por categorías. Así, pareceunos unha boa idea traer esta imaxe que ilustra dun xeito divertido o concepto de Body Painting (pintura sobre o corpo), e animámosvos a que visitedes todo o arquivo de imaxes que a acompañan. Hainas para todos os gustos: unhas máis picantes, outras máis decorosas.

Videoxogos e porno accidental

The Accidental Video Game Porn Archive é un sitio web que recompila imaxes de videoxogos, a modo digamos de capturas de pantalla (mais non só: pois tamén hai ben de ficheiros gif), de tal modo que insinúan posicións e escenas sexuais de diverso grao, algunhas delas ben curiosas. Paga a pena botarlle unha ollada.