lingua « O divino ferrete

Twitter en galego!

A necidade do Partido Popular

Quen non sabe e sabe que non sabe é un ignorante; apréndelle. Quen non sabe e non sabe que non sabe, ese é un necio; evítao. – Mateo o Evanxelista

Quen non sabe é un ignorante, quen non sabe que non sabe é un necio. – Chinua Achebe

Este proxecto do Divino Ferrete ten moito -todo- que ver coa lingua. De tal maneira que, sexa quen sexa o que o faga, sempre terá o noso apoio aquel que denuncie a mala praxis do Partido Popular, partido que leva anos destrozando o noso patrimonio máis prezado.

Zasca!

Navega en galego

En que idioma navegas? Por defecto, os navegadores que se utilizan no Estado español usan o castelán. Non importa que os menús estean efectivamente en galego, pois pode ser que a lingua de referencia que utilice o programa siga sendo o español. Isto ten implicacións importantes, por exemplo, á hora de entrar nunha páxina con versións en varios idiomas, nas que se abrirá automaticamente a versión castelá e non a galega, ou no feito de que ao facer a procura dunha palabra no navegador, se recuperen primeiro os resultados da wikipedia en español e non da wikipedia en galego.

Vén de poñerse en marcha o blog Navegar en Galego co obxectivo de ofrecer consellos prácticos e descargas de utilidade para as persoas que queiran mudar o idioma do seu navegador.

{Fonte: Extracto tomado de E ti xa navegas en galego?, publicado en Praza Pública}

Libraría Pirola

Onde fica a libraría máis porno? Na Toscana, sen discusión.

Españolismo CAT

O pasado mes de maio titulamos unha das nosas entradas Españoismo BCN, ben pois esta é algo así como a continuación. Que tropa!

{Fonte: Apuntem}

Kubus, o fútbol en galego

(…) tentar encher o baleiro que presenta o periodismo relacionado co deporte rei en lingua galega. A intención final de que mensualmente preto de cen páxinas con contido futbolístico en lingua galega pasen a imprenta. A búsqueda da superación da utopía, poder ofrecer en cada número textos de autoría relevante. Que persoas de renome no ámbito do fútbol presenten as súas verbas para seren traducidas a lingua galega.

Así se presenta a revista Kubus, “primeira revista do fútbol e a súa historia en lingua galega”. Ese é o camiño, que o galego chegue a todos os ámbitos. Parabéns.

A lingua, a reflexión

Filme documental de 25 minutos de duración a cargo de Xosé Bocixa sobre a situación da lingua galega.

{Fonte: Praza}

Hainas, hainas, hainas

Habelas hai-L-as? Onde vai o respecto pola lingua que dá razón de ser á TVG? Lamentable, por enésima vez.

{Fonte: @MCastinheiras}

Pepeblanco.es, u-lo respecto pola lingua?

José Blanco, ex-ministro de Fomento do Goberno do Estado, vén de inaugurar páxina web, souben a través de Praza. Fai ben, se así cre que pode recuperar votos para o seu partido ou se dalgunha maneira pensa que en Lugo, de ser o voto de carácter personalista, podería recaer nel… En Lugo estas cousas poden pasar, que complexos non nos faltan.

Neste novo sitio web, amais da tradicional cabeceira coas ligazóns a contacto, biografía do persoeiro, axenda e demais, destaca a partición da pantalla en 5 marcos: Escaño conectado, Ideas con Fuerza, Solo Lugo, Iniciativas e Compartiendo. Das 5, todas anunciadas en castelán, é a de SOLO LUGO a que cumpre co requirimento do galego de mínimos, de modo que as novas no interior están as 3 (e máis que haberá) redactadas na lingua de Galicia. Velaí unha imaxe recortada coa captura de pantalla da considerada principal:

Xa no seu día o escritor Xabier P. DoCampo lle dedicara unha pertinente carta aberta a este político, e hoxe, visto o visto, non está de máis que alguén lle diga que el ou os seus escribintes -ou el e mais os seus escribintes- son realmente negados para co respecto á lingua propia deste país. Tan difícil é que un señor de Palas de Rei que ostentou cargos de responsabilidade durante o goberno socialista no Estado saiba que é déficit e non *défice, que os máis dos galegofalantes recorremos e non *recurrimos ao humor cando diariamente sufrimos a desidia, o desleixo e a absoluta carencia de habilidades duns políticos cada vez máis torpes?

Oxalá chegue o día no que o señor Blanco inaugure unha web de seu integramente en galego, e xa se é sen erros sería como para sopesar se lle prestar o voto. Sorte, deputado por Lugo no Grupo Socialista do Congreso dos Deputados, que o camiño é longo, e vostede aínda está para aprobar o CELGA 1.

Galizionario, sabedoría ferreteira

{Fonte: Galizionario}