Para visibilizármonos como mulleres que sangramos, que temos unha regra que non ule a nubes. Para deixarmos de esconder os síntomas e as manchas da regra. Para destruírmos prexuizos e evitar medos absurdos. Para reivindicarmos o noso corpo e os nosos fluídos. Para esixirmos o final da ignorancia menstrual, aquí vai a tradución ao galego do ‘Manifesto pola visibilización da regra’:
“Aos que nos adoutrinastes no pensamento de usar e tirar. A todos aqueles que esperabades que rexeitásemos indefinidamente o noso propio corpo.
Este é o zume das miñas entrañas do que non fuxo, unha mancha sen límites, un rezumar que no podedes parar. O meu corpo espállase, o meu pensamento tamén. Con estas bragas manchadas de sangue como bandeira contra a doutrina do Poder, contra as estruturas establecidas, fágovos saber que:
- No meu corpo decido eu e así, cada mes, desfágome do endometrio reafirmándome na miña decisión de controlar a capacidade de reprodución do meu corpo. Na miña carne mando eu.
- Conseguístelo nalgún momento pero xa non teño vergoña de mancharme e, incluso, decido voluntariamente facelo exhibíndoo de forma pública.
- Mánchome e non me dá noxo. Mánchome e non me dou noxo. Non rexeito o meu corpo, esta é a miña natureza.
- Tampouco estou enferma cando teño a regra, non estou mala. Exactamente o contrario, recíclome con cada período.
- Non é unha maldición nin un castigo divino. É actividade hormonal.
- Estamos fartas dos prexuízos menstruais, da invisibilidade.
- Visibilizar a regra para visibilizar o corpo como espazo político.
Xa cansamos de pedir compresas entre murmuros e miradas cómplices. Con este manifesto poño fin á tiranía na que me educastes. Non hai máis permisividade pola mima parte. A miña regra é miña.
Mar Cejas
Valencia, marzo 2009”




