mapa « O divino ferrete

Mapa da benvida ao estranxeiro

O presenta mapa está elaborado a partir dunha única pregunta trasladada aos turistas e inmigrantes da cada estado: “Como de boa é a acollida de visitantes estranxeiros no país?”

Mapa sexual do buscador X

PornMD é un sitio de internet que crea unhas serie de mapas divididos por zonas cos termos máis buscados nos últimos 6 meses nos portais porno de todo o mundo. Moi, moi interesante saber por onde tiran os gustos dos distintos estados.

Mocidade europea e vivenda

Con estas porcentaxes…

Drama VIH (I)

Segundo o ultimo informe da ONG francesa Alliance contre le VIH, Ucraína é o país europeo con maior taxa de seropositivos: o 1,6 % da poboación adulta ten o virus. En Kiev, a capital do país, o 24% das prostitutas está enferma e case o 38% en Donestk, a segunda cidade máis poboada do Ucraína.

{Fonte: Wikipedia / AIDS in Ukraine}

Mapa exipcio do acoso sexual

Harassmap é un servizo pensado para as vítimas de acoso sexual en Exipto. Permite ás vítimas reportar incidentes e situalos no mapa segundo o tipo e o lugar dos feitos. Pódense reportar a través da páxina web ou por mensaxe de texto.

Pirolímetro

Hai meses que non traemos un mapa serio a este blog (categorizados como tales, temos 13, por certo), pero por fin hai algo de interese que nos vai permitir acabar con este período de seca: o mapa dos penes do mundo segundo o seu tamaño.

Para agrandar a imaxe, premede nela; para aqueles que queirades entrar en detalle, visitade TargetMap

Viva o Congo!

Insúltannos

Malia que preto do 40% dos pais e nais das sete cidades galegas queren que os seus fillos sexan educados en galego, o 88% das aulas serán impartidas en castelán de todos os xeitos.

A falta dos datos de 30 centros –que os colexios non quixeron facer públicos ou que aínda non eran definitivos–, o resultado é moi prexudicial para o galego, precisamente nas contornas onde todos os estudos destacan a masiva perda de galegofalantes nos últimos anos. Así, dos 141 centros urbanos de Infantil analizados, en tan só 17 as familias elixiron maioritariamente como lingua principal o galego, mentres que en 87 optaron polo castelán e en 7 houbo un empate que agora as autoridades educativas deberán solucionar. Os 30 restantes non teñen datos finais. En definitiva, o 62% dos centros educará os cativos en castelán, o 5% debería facelo nas dúas linguas e o 12% en galego, unhas porcentaxes que poderían empeorar para a lingua propia vista a tendencia e á espera do 21% restante cuxa decisión aínda non se coñece.

Nos casos concretos das cidades de Pontevedra e da Coruña soamente un colexio imparte clases na lingua propia de Galicia.

{Fonte:STEG}

Mapa de Miss Universo

Hai tempo que non traemos unha entrada con mapas. A de hoxe ponlle solución cun mapa dos estados e os títulos de Miss Universo que ostentan.

Mapa do consentimento sexual

Este mapa delimita o mínimo de idade legal para poder manter unha relación sexual en Europa.

* A idade do consentimento sexual é a idade por baixo da cal o consentimento prestado para ter relacións sexuais non resulta válido a efectos legais, o que comporta a presunción de violencia ou abuso por parte do que for maior de idade en tales circunstancias, sen importar a existencia ou non de calquera violencia ou abuso real, asimilándose ou sancionándose como delito de violación. Na práctica, o consentimento efectivo pode darse nunha idade diferente da idade de consentimento.

Máis mapas de interese na categoría {Mapas}.

Das unións homosexuais no Brasil

O Supremo Tribunal Federal recoñeceu a semana pasada, por unanimidade, o réxime xurídico de unión estábel para parellas homosexuais. Posto que a decisión ten efecto vinculante para tribunais de instancia inferior, afecta tamén os futuros xuízos relativos a dereitos e deberes das parellas gais, como o son as herdanzas, as pensións en caso de separación, ou mesmo a regulación da adopción. Segundo o ministro brasileiro Celso Mello “a decisión rompe paradigmas históricos e culturais e supón un paso significativo contra a discriminación”.

Aproveitamos a nova para achegar o mapa lexislativo das parellas homosexuais en América Latina.