
Teño unha amiga que di que masturbarse é aburrido. “Intenteino distintas veces, de verdade. Pero nada, non lle atopo o punto”, confesou cando pensaba que xa o sabía todo sobre ela. Eu, amiga da alma, esforceime por entendela. Pero imposible, non houbo maneira.
En pleno século XXI unha muller resolta, sen complexos e coa libido cociñada ao punto, decide non tocarse porque lle resulta aburrido. Demasiado rocambolesco para unha mente simple e viciosa coma a miña. Porque lle encanta o sexo, as pirolas e sentirse sexy. Pero non se toca. Tivo mozos de todas as cores e tamaños, pero non se toca! Viaxou por medio mundo e afrontou o medo a voar como unha campioa. Pero non se toca! Estivo máis de seis meses sen probar a carne do seu home por culpa da distancia: e non chegou a tocarse! Isto é de tolas, nena! “Non! Tiña as miñas estratexias liberadoras, ti que cres?” contou á volta. E confesou soños que mancharon as súas sabas (brancas) mentres o valente Jack de Lost exploraba o seu subconsciente. Mentres o marabilloso Sawyer percorría os lunares do seu fervente corpo.
Non teño moi claro que fai agora antes de durmir. Nin como libera a súa enorme libido sen os servizos de Megaupload. Seica lle deu por cociñar e limpar a casa con moita enerxía e dedicación. Quizais decidiu mudar os corpulentos corpos perdidos por vasoiras e centrifugados de lavadora; pode que cambiara a selva por receitas afrodisíacas e moito marisco da terra. Este sábado descubrireino nun tuppersex que organizamos na súa casa. Unha xuntanza na que levarei un cargamento de baterías para promover, sen compaixón, a fin do veto á masturbación. Xa vos conto!

Extracto traducido da nova en Diario Extra.
Unha traxedia conmocionou os residentes de Rubiataba no interior de Goiás, no Brasil, onde un adolescente de 16 anos morreu logo de masturbarse 42 veces seguidas sen ningunha pausa. Segundo os informes das autoridades o raparigo comezara ao redor da medianoite e pasou a noite toda a facer secuencias de masturbación sen descansar, terminaba unha e comezaba outra.
Na computadora persoal do mozo foi atopado preto de 1 millón de vídeos eróticos e 600 mil fotografías de mulleres espidas e con pouca roupa.
O mozo seica tiña queimaduras de terceiro grao nas súas mans logo da maratónica acción.
{Fonte: Diario Extra, vía FinoFilipino}
A masturbación é un comportamento común entre os menores, case universal da sexualidade adolescente: un 58% dos mozos e un 42% das mozas de entre 15 e 18 recorreu a ela algunha vez. Os mozos (73%) “de todos os grupos de idade admitiron masturbarse máis que as mozas (48%), unha práctica que aumenta a súa frecuencia conforme os menores fan anos. Así, mentres que o 63% dos homes de 14 anos recoñeceu terse autoestimulado cando menos unha vez, esta cifra foi do 80% para os que tiñan 17. O mesmo sucede coas mozas: un 43% recorreu á autobusca de pracer sexual aos 14 anos fronte ao 58% das que tiñan 17.
{Fonte: Archives of Pediatrics & Adolescent Medicine, vía El Mundo}
Camiñar, copular, comer comida picante e acariñar as mamilas son as catro tácticas máis populares, segundo un traballo publicado na revista Birth, que as mulleres grávidas, sobre todo as novas, empregan para tentar provocar contraccións durante o proceso de parto. A metade das 201 mulleres embarazadas que responderon á enquisa usaron estes ou outros métodos. Parte das nais consultadas confesaron recorrer tamén a laxantes ou acupuntura, namentres que outras se masturbaron para inducir o final do seu embarazo.
{Fonte: Blog Libre do diario Público}

A primeira práctica homosexual de moitos homes acontece na adolescencia, cando participa nunha masturbación colectiva arredor dunha revista ou unha película. Pallas exhibicionistas, o xogo da galleta, corridas en compañía. Prácticas representadas na gran pantalla e nas novelas. Unha realidade visibilizada e aceptada socialmente.
Coa masturbación feminina non acontece o mesmo. A maioría das mulleres descubrimos o noso clítoris en solitario. Este órgano (o único creado exclusivamente para o pracer!) convértese nun segredo e as almofadas e os peluches nos nosos eficientes confidentes. Algunhas mulleres tamén practican masturbacións en compañía: de nenas, sen saber que iso de tocarse coas amigas ten un nome tan longo; e de maiores, coas amantes femininas.
A masturbación é algo natural que todos e todas facemos. Pero sobre ela pesan enormes tabús. Para reivindicala, nomeala e, sobre todo, visibilizala un grupo de mulleres protagonizou en maio de 2009 a primeira masturbación feminina, colectiva e pública da que se ten constancia. Foi en Valencia, durante as xornadas Interferencias Viscerales celebradas na Universitat Politècnica. A acción, bautizada como Taller de masturbación colectiva na vía pública, foi colgada na rede e chegou a acadar 35.000 visitas, ademais dunha infinidade de comentarios. Finalmente, o vídeo foi bloqueado por “ofensivo” (segundo o criterio dalgúns voyeurs, claro).
Masturbación laboral en toda regra
Ana Catarina Bezerra Silvares, unha brasileira de 36 anos, divorciada, con tres fillos e empregada dun estudio contable da localidade de Vila Velha, sofre de ansiedade e a consecuencia desta tamén de compulsión orgásmica, motivo que lle provocou o ir a xuízo e gañar o dereito a se masturbar no posto de traballo, ademais de a acceder a imaxes eróticas dende a súa computadora.
A compulsión orgásmica seica é xerada por unha alteración química na rexión cerebral do córtex, que produce ataques de angustia e que só pode ser aliviada a través do orgasmo. En tratamento, Bezerra Silvares necesita masturbarse por volta de 18 veces ao día; sen este, chegou a facelo até case 50 veces.
A Xustiza autorizouna a que se masturbe cada dúas horas no seu horario de traballo, ademais de lle permitir o acceso a páxinas web eróticas na procura dun estado de relaxación maior.
{Fonte: Sábado}
A doazón de seme, basicamente, é un acto de solidariedade que permite a moitas parellas con problemas de infertilidade ou mulleres que por diversos motivos non poden concibir, lograr ter fillos de seu.
Tras os relevantes avances experimentados nos últimos anos coas técnicas de reprodución asistida, hoxe no Estado español existe unha demanda moita maior ca a oferta de doantes. En Galicia seica existen tres centros de doazón de esperma, un en Vigo e dous máis na Coruña.
Soamente un 10% dos candidatos son aptos para as doazóns de seme. O volume de exaculado debe ser superior a 2 mililitros e ter unha morfoloxía do espermatozoide adecuada que, segundo os criterios da OMS, debería ser simétrico, liso, oval, coa cola recta, o núcleo fixo e de cor transparente.
* “A SIDA é un xusto castigo para unha conduta sexual incorrecta.” – Teresa de Calcuta, relixiosa católica galardoada co Nobel da Paz.
* “Toda a miña educación sexual provén do que aprendín co método ensaio-erro.” – Carmen Posadas, escritora uruguaia en lingua castelá.
* “Masturbarse consiste en lle facer o amor a quen un máis quere.” – Woody Allen, cineasta.








