Franziska Hansen, muller alemá de 33 anos, foi presuntamente acusada de «intento de asasinato cunha arma», despois de que o seu mozo, de profesión avogado, dixese que ela tratara de afogalo mentres finxía que estaban a gozar dun xogo sexual. Franziska nega as acusacións, dicindo que era un xogo sexual e que sabía o que facía, mais o seu mozo, Tim Schmidt, di que ela admitiu por teléfono que tratara de matalo, ao comentar que tentara asfixialo porque «quería que a súa morte fose o máis agradable posible». Tim declarou perante un tribunal de Alemaña que estaban a manter relacións sexuais en maio deste ano, cando a señora Hansen de súpeto agarrou a súa cabeza para comprimila entre os seus peitos con toda a súa forza. «Non podía respirar, a miña faciana debeu de virar azul. Non podía arredarme dela, mesmo pensei que ía morrer». O señor Schmidt afirma que logrou zafar e tivo que fuxir espido á casa dun veciño, quen deu a voz de alarma.

{Fonte: ABC}







