o divino ferrete « O divino ferrete

O making-of

Este é un dos vídeos do making-of. É lixeiriño, malo será que escandalice.

O que sucede é que tamén temos unha versión algo máis longa con porno do duro, e esta si que non vola recomendamos se estades a ler esta entrada no lugar de traballo, na compaña de familiares ou similares.

Preme aquí para ver a versión dura deste avance do making-of

ODF en Criticalia

Fragmento da crítica feita por Armando Requeixo.

Non hei ser eu quen trate de (des)convencer a ninguén sobre o (in)verosímil do festivo sexual de Lorena e Gloria, dama de honor e noiva que, nos días previos ao casamento desta última, deciden trebellar intensamente con todo canto apañan nos momentos e lugares máis insospeitados. Nin tampouco caerei na crítica fácil da falta de credibilidade dos diálogos ou da súa manifesta escaseza, pois, por riba de todo o anterior —sexa ou non—, préstame convidar a que se fisgue no volume, inzado de bo humor e desenfado, gaudium venéreo ao que, se consegue alegrar (no sentido que se queira), ben pouco máis pode pedírselle nestes tempos de crise, tan pouco excitantes.

{Fonte: Blog Criticalia}

Entrevista co director

Entrevista con Matías Nicieza, director do filme O divino ferrete, no programa É Cultura de Telelugo.

Casting O divino ferrete

*******************************************************************************

ÚLTIMO AVISO PARA NAVEGANTES X

*******************************************************************************

Este sábado 19 na Coruña: casting ODF

Este sábado 19 de marzo de 2011 terá lugar unha primeira rolda de casting de actrices e actores pornográficos, e será na cidade da Coruña.

Quen esteades interesados aínda tedes tempo para nos achegardes os vosos datos (nome e apelidos, data e lugar de nacemento e residencia, teléfono de contacto) acompañados de dúas fotografías (unha de cara e outra de corpo enteiro) ao enderezo de correo:

casting@odivinoferrete.com

Queda de prazo todo o día de hoxe. Á medianoite pecharemos o quiosco das candidaturas, e de aí procederemos a contactar convosco por vía telefónica -ou no seu defecto polo correo electrónico- para indicarvos o lugar e a hora exacta do casting.

Sorte e animádevos, que xa sodes uns cantos -e unhas poucas- e a cousa promete ser ben entretida e profesional.

Un saúdo,
O equipo do divino ferrete.

Cadena SER e RNE

Carles Francino e mais os seus compañeiros do programa Hoy por hoy da Cadena SER, co señor Feijóo mediante, dedicaron un tempo do programa a falaren sobre O divino ferrete, e a seguir fixeron un breve repaso polas primeiras iniciativas pornográficas feitas nas linguas minorizadas, malia que oficiais, da península. Por outra banda, fomos entrevistados no programa Esto me suena de Radio Nacional de España.

A seguir quedan ambos os dous ficheiros de audio (en castelán).

Hoy por hoy

Esto me suena

Entrevistas varias

Varios membros do noso equipo citáronse con María Munín, da Axencia EFE, o mércores á tarde en Compostela, e onte saíu a noticia do proxecto en múltiples diarios, tanto de ámbito nacional como estatal. Entre quen se fixeron eco do que estamos a argallar, estiveron grupos empresariais de todas as cores, sobre todo das dereitas, sempre viciosas e sexuais, é certo que as máis das veces máis ben á calada e a zorro. En fin, que La Voz de Galicia, El Mundo, ABC, ou La Opinión deron conta da nosa existencia, e ben que llelo queremos agradecer.

No caso de La Voz, ademais, saíu o pasado venres unha outra reseña produto dunha entrevista coa xornalista Laura López, en exclusiva para e edición luguesa, que ligamos nun documento pdf ao non estar dispoñible na edición dixital.

Non deixa de ser curioso que mentres algunhas redaccións como a de Terra Noticias, Diario Atlántico ou ADN, optaron por prescindir da frase final, outras como a de El Confidencial ou Faro de Vigo si a incluíron. É esta:

[...] “O filme vaise facer, se non é con máis é con menos”, asegura Nicieza, cuya intención es hacer llegar un ejemplar al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, al que previene de que “a fita levará subtítulos en varios idiomas, entre eles o castelán, por se se perde.”

Ben falado!

O divino ferrete na Radio Galega

Onte os xornalistas Kiko Novoa e Belén Regueira, no programa Galicia por diante da Radio Galega, conversaron de maneira distendida cun dos guionistas deste proxecto, Alejandro Tobar. Aquí queda pois a entrevista, que agradecemos e esperamos que sexa a primeira de varias.

Preme na ligazón para escoitares a entrevista

Paquete de coprodutor

O paquete de coprodutor está a ser o máis demandado. Aqueles que non andedes co peto demasiado furado e aínda no teñades o voso paquete, xa estades tardando en adquirilo.

Relato X de Francisco Castro

Trotski foi a achega de Xabier P. DoCampo ao noso proxecto; Heterocromía, a de Paco Martín; A viaxe, a de Chelo Suárez; e o relato que traemos hoxe, Apuntamentos no caderno de traballo de Francisco de Goya y Lucientes, é a de Francisco Castro. Moitas grazas tamén a Cristina Brea Lodeiro, quen nos fixo un gravado para a ocasión e que vai como ilustración do texto.

Boa lectura.