9122010
OlallaTunnas | Categoría:
Xeral |
O primeiro sono se cadra non é o máis axeitado para comezar a tocar coma quen non quere a cousa o corpo do amante. Cómpre certa delicadeza e coidado en non espertar de súpeto o corpo durmido e parcialmente inconsciente. Coma un cariño da almofada ou o rozamento da colcha ou dunha perna contra outra, coma pousa unha man no peito dela e non retirala máis. Cómpre saber que debe ser algo acordado entre a parella, un pacto tácito, mesmo pode sobrar falalo. Só respirar, saber co alento, que a outra persoa o esta a desexar –na inconsciencia- tanto coma ti o desexas.
Chámase somnofilia e non vai de durmir día e noite. Está clasificada dentro das parafilias, pautas de comportamento para acadar o pracer sexual que non se atopan intrinsecamente na cópula, consideradas extravagantes, mais coido que o podemos deixar nunha filia sa e humana.
Quen non espertou no medio da noite cunha luz que alumeaba no baixo ventre vendo a cara de paz do compañeiro de leito? Pódese aproveitar unha erección nocturna ou afanarnos en zugar. Xogarmos a sermos apalpadores tamén é unha forma de comezar. Na súa xusta medida e sempre tendo en conta a outra metade da filia, pódese acadar o pracer en sabendo que ela ou el non espertarán ou en espertalos no clímax, iso vai no interese de cadaquén.
Son varios os artigos que falan do tamén denominado síndrome da Bela Durminte, unha práctica sexual cada vez máis popular. Que a xente fantasíe con ter relacións sexuais cunha persoa durmida non é nada novo nin estraño, de feito a somnofilia é o tema central da novela A casa das belas adormentadas, do escritor xaponés Yasunari Kawabata, premiado cun Nobel de literatura. Igualmente, a somnofilia aparece no campo das artes plásticas, nun gravado atribuído a Antoine Borel (1743-1810) no que se pode apreciar unha moza que, solícita, agasalla ao erecto membro do seu amado durmido con agarimos.
Nada novo baixo o sol. Todo está inventado e á nosa vista. Cómpre estar relaxado, como ben dixo a miña compañeira Ana onte, para gozar dos praceres da vida.
