pastor alemán « O divino ferrete

Maltrato animal e surrealismo

Un home de 65 anos, cuxa única compañía é unha cadela de raza pastor alemán, foi imputado por malos tratos animais despois de que unha veciña o sorprendese practicando sexo co animal e alertase a policía local de Torrent, localidade onde reside o sexagenario. Os axentes, a quen o home abriu a porta aínda espido e co “membro viril erecto”, abriron dilixencias contra el e trasladaron a cadela a unha protectora de animais para que se fixesen cargo dela.

O home, quen non comprende os motivos polos que a policía lle retirou o animal, acudiu ao día seguinte ao retén policial para reclamar que lle devolvesen a cadela, á cal se referiu como “a súa parella”. “Foi chorando dicindo que a botaba de menos”, explicaron fontes da protectora que se fixo cargo do animal.

Os feitos ocorreron o pasado xoves pola tarde cando unha veciña observou dende unha xanela como o home tiña sexo coa cadela. O home agrediu o animal en presenza dos axentes e estes abriron dilixencias por malos tratos.

{Fonte: Levante-emv}

Zoofilia mortal

Unha muller do distrito de Limerick cunha alerxia severa aos cans morreu en 2008 logo de practicar sexo cun pastor alemán. Trátabase dunha irlandesa que coñecera un tipo nun ‘chat’ de zoofilia vía Internet, quen lle propuxo manter relacións sexuais co seu can, ao que ela accedeu de forma voluntaria.

O home, Sean McDonnell, de 57 anos, está acusado de violar as leis que en Irlanda prohiben dende 1891 a zoofilia, polo que podería enfrontar unha pena de cadea perpetua por iso. A policía irlandesa, non obstante, determinou que o sexo foi consentido pola muller, falecida dun shock anafiláctico poucas horas despois do encontro sexual co can.

{Fonte: The Journal}