peitos « O divino ferrete

O alivio de Obama

Barack Obama, dende o seu perfil na rede social de microblogging Twitter, é seguidor de Celebrity Sideboob, unha popular páxina web onde se publican fotografías de famosas con xenerosas vistas ao lateral dos peitos. É duro gobernar o planeta, algún alivio tiña que ter o pobre presidente norteamericano.

{Fonte: Gizmodo}

Tetiñas publicitarias

E isto é un anuncio ruso de seguros para automóbiles…

Peitiños de chocolate

{Fonte: FinoFilipino}

FEMEN

FEMEN é un grupo ucraíno de protesta, fundado en 2008 por Anna Hutsol, na cidade de Kiev. A organización acadou notoriedade tras protestar en topless contra temas coma o turismo sexual, o sexismo e outros males sociais.

Tratamento mamario tailandés

Khemmikka Na Songkhla, directora dunha clínica tailandesa, garante que os peitos aumentan até dúas tallas dependendo da fisonomía da paciente a través dun tratamento que require dun mínimo de catro sesións e que combina beliscos, masaxes, lapotes e labazadas, estas últimas cando se quere corrixir algunha imperfección facial. Os resultados, asegura a encargada, duran entre un e tres anos e non teñen ningunha contraindicación, agás pola dor dos golpes propiciadas durante o tratamento.

{Fonte:BBC Mundo}

A dianteira plusmarqueira

Norma Stitz, xogo de palabras que evoca Enormous Tits (seos enormes), foi designada polo Guinness World Records de 1999 como a posuidora dos peitos naturais máis grandes do mundo e tamén a muller cunha maior talla de sostén. As súas medidas daquela eran 70-48-52 e o seu tamaño de sostén unha 48V. Actualmente as súas mamas pesan 25 quilos e advirte que o seu peito crece cando ten o período. Aínda que a súa talla non existe como tal, equivalería a unha 250.

Os seus peitos son sen ningunha dúbida o seu maior reclamo e a súa meirande fonte de ingresos, pois coa súa páxina web erótica embolsa ao redor de 145.000 euros anuais.

{Fonte: Pecado carnal}

Conas de libro

Logo do Gran Libro dos Penes e do Gran Libro dos Peitos (tamén os hai de pernas, cu…), chega da man de Taschen o Gran Libro das Conas: 12 vulvas e as súas 12 propietarias servéronlle á autora, Dian Hanson, para compilar o que é practicamente un álbum de fotos con máis de 400 imaxes de vaxinas repartidas xenerosamente nas súas 367 páxinas.

Un gusto!

{Fonte: El Mundo}

As Venus esteatopíxicas

As Venus son figuras típicas da arte paleolítica que representan mulleres espidas ou cando menos semidesnudas. Nelas, destacan de forma pronunciada os atributos femininos como son os xenitais e os peitos. Así mesmo, estas representacións caracterízanse por tender á obesidade. Ao que non se lle presta atención é ás extremidades, mans, pés, e tampouco a faciana. Deste xeito, a arte na prehistoria salientaba o caracter fértil da muller e a alimentación, os dous eixos da subsistencia.

Sen dúbida, a más coñecida de entre estas figuras é a Venus de Willendorf, que na actualidade está exposta na Museo de Historia Natural de Viena.

Os peitos das mulleres

É curioso que os canons de beleza non definan como deben ser as pupilas, as unllas, as linguas ou os embigos pero si, en cambio, outras partes dos nosos corpos como a barriga, as orellas, o cu e os peitos.

Grandes ou pequenos, brandos ou duros, con pecas, con pelos, con mamilas claras e escuras, con suxeitador ou sen el. Desde a adolescencia, cada muller convive con dous peitos, diferentes e únicos. Despois de vernos, tocarnos, deixármonos tocar e coñecer outros corpos, parece que o máis lóxico é aceptar quen somos e as formas que ten o noso corpo. Pero moitos veces non acontece deste xeito.

Os peitos foron sempre unha das tarxetas de presentación das mulleres. Os cánons occidentais din que ser femia implica ter uns peitos grandes e historicamente ser moi muller (boa nai, boa coidadora e boa amante) pasaba por ter as tetas grandes. Esta percepción da pé a que moitas mulleres decidan aumentar os seus peitos para reforzar a súa identidade, para gustar ás outras persoas e gustarse a elas mesmas.

Con todo, moitas mulleres non aceptan este molde establecido de suposta perfección feminina. Recoñecen no espello o reflexo dunha muller real e fermosa, polo simple feito de sentirse cómodas con elas mesmas. Un bo exemplo disto son as protagonistas deste vídeo: 10 mulleres orgullosas do natural e a naturalidade, que amosan ao mundo os seus peitos perfectos.

De todos xeitos, bótase en falta unha maior variedade de reflexos: mulleres de todas as idades, etnias e tamaños. Mulleres, en definitiva, que son parte activa e real das nosas sociedades.