pene « O divino ferrete

O doutor mutilador

Os rabinos mamóns

Os rabinos norteamericanos gañaron a batalla legal e agora poderán succionar o pene dos cativos aos que lles realizan a circuncisión como parte do rito xudeu.

{Fonte: SDPNoticias}

Peneiro téxtil

Unha peza tradicional masculina caída en desuso, o “cubrepene”, feito de la, volveu á moda de Croacia a modo de extravagante agasallo de San Valentín. O nakurnjak, que significa literalmente “cubrepene”, era unha peza obrigatoria até hai un século en zonas montañosas de Croacia, onde se utilizaba para protexerse do frío e de dolorosos rozamentos durante as longas xornadas de a cabalo.

{Fonte: Público}

O pene felino

O colgallo de moda

Longa vinganza de pedra

O arcebispo alemán Konrad Von Hochstaden decidiu financiar no século XIII a construción da catedral de Colonia subindo os impostos do lúpulo, compoñente que se engade á cervexa. Sospéitase que ese feito puido ter algo que ver coa grotesca base para a escultura que o representa na citada catedral.

{Fonte: FinoFilipino}

O pirolón de Rasputín

Rasputín, quen fora un monxe de grande influencia nos últimos anos da Dinastía Romanov, tiña un pene de 28.5 centímetros que hoxe pode verse no museo erótico de San Petersburgo. O monxe tolo fora asasinado por un grupo de aristócratas en 1916, e para festexar a súa morte castrárano e gardaron o pene como trofeo, antes de queimar o seu corpo. O membro permaneceu na clandestinidade até 1967, cando unha anciá parisiense revelou o segredo que gardara durante anos nunha caixa de madeira. Tras unha serie de probas confirmouse que efectivamente era o membro de Rasputín e foi comprado por 8.000 dólares polo citado museo.

Vulto sospeitoso ou pirolón

Axentes de seguridade do aeroporto de San Francisco retiveron un viaxeiro por levar un vulto sospeitoso entre as pernas. Os vixiantes decatáronse dun vulto de considerable tamaño e detivérono cando ía tomar un voo, tras pasar polo arco de seguridade. Pero non era ningunha arma nin ningún artefacto, senón o seu pene. Jonah Falcon, o home co pene máis grande do mundo, que mide 24 centímetros en repouso e máis de 34 erecto, viviu este transo coa policía sen maiores contratempos.

Pápulas perladas

As pápulas perladas son unha condición dermatolóxica que se manifesta decote nos homes. É un fenómeno fisiolóxico inofensivo, sen ningún potencial maligno. Aparecen en filas de pequenas protuberancias de cor carne na coroa do pene (na base do glande). É pouco frecuente que se manifesten en todo o glande. Non é unha enfermidade de transmisión sexual e a súa aparición non se relaciona coa actividade sexual ou a hixiene persoal. Recentes investigacións mostraron que é de tipo hereditario. As protuberancias son moi sensitivas, o que pode chegar a causar molestia. Estas pápulas persisten durante toda a vida, diminuíndo a súa visibilidade conforme avanza a idade.

Unha condición similar ocorre nas mulleres, que pode ser malinterpretado como a infección HPV; tampouco é unha enfermidade de transmisión sexual.

{Fonte: Wikipedia}

Difalia

En 1609, un doutor chamado Johannes Jacob Wecker atopou un cadáver con dous penes. Dende aquela, documentáronse 80 casos similares. En medicina, esta anomalía conxénita é coñecida co nome de difalia.