público « O divino ferrete

O ollar mozo

Os mozos cren que nunha relación ela debe compracelo a el, titula o diario Público.

O 60% da mocidade está de acordo en que os celos son normais nun noivado e o 40% pensa que o mozo ten a obriga de protexela a ela.

Estas afirmacións son algúns dos resultados destacados do informe ¿Igualmente? Alumnado y género, actitudes y comportamientos, realizado a partir dos datos tirados de 1.396 cuestionarios cubertos entre 2009 e 2010 en institutos de secundaria das provincias de Madrid e Burgos.

U-lo progreso?

Das referencias bíblicas

Extracto traducido da columna de Manuel Asende para o diario Público.

Aggrawal, que traballa no Hospital Universitario Maulana Azad de Nova Deli, atopou na Sagrada Escritura referencias explícitas a “adulterios, incestos, acosos sexuais, agresións sexuais facilitadas por drogas, violacións, violacións colectivas, homosexualidade, travestismo, voyeurismo, bestialismo, exhibicionismo e necrofilia”. Como exemplo, no libro da Xénese, as fillas de Lot emborrachan o pai e viólano. “É moi posible que os nosos actuais patróns de comportamento sexual estean influídos, de modo subconsciente, por estes textos antigos”, conclúe Aggrawal no seu estudo.