rocco « O divino ferrete

Rocco e PussyKat contra o porno infantil

Imaxe da campaña con Rocco Siffredi e PussyKat, estrelas do porno.

{Fonte: El País}

Unha reflexión de Erika Lust




Erika Lust, a quen temos entre os nosos referentes, escribe isto na súa páxina web, dentro dun manifesto que titulou ‘Por un novo cinema explícito intelixente, feminino e feminista’:

Atención! A nosa sociedade tende a ignorar o porno, a consideralo algo privado que non interfire noutros aspectos da vida. E non é certo, cómpre ter coidado porque o porno non é só porno, é un discurso, un xeito de falarmos sobre sexo. É unha maneira de vermos e entendermos o masculino e o feminino. Pero é un discurso e unha teoría case 100% masculina (e moitas veces machista), non hai voces femininas nese discurso, igual que até non hai moito non había voces femininas na esfera política ou nos comités de dirección da empresa privada [...] Acabo de ser nai, e penso que me gustaría que a miña filla, cando estea exposta ao cinema adulto, na súa adolescencia, reciba mensaxes positivas sobre a sexualidade, con valores e discursos femininos. Non quero que quen lle expliquen a través do cinema explícito como é o mundo do sexo sexan Rocco, Nacho, Marc Dorcel, Private, Penthouse… Non desexo estabelecer unha censura feminista no mundo adulto, eles seguirán expresando sempre o seu punto de vista, que acepto e respecto, só quero que non sexa o único punto de vista, quero un porno onde haxa diversidade de opinións.