Cartos públicos para antiabortistas
{Extracto dunha nova en Galicia Confidencial}
A Xunta de Galicia acaba de conceder 91.000 euros de subvencións a iniciativas antiabortistas. Os beneficiarios, segundo denunciou a Marcha Mundial das Mulleres e recolle o DOG esta semana, son os seguintes:
Beneficiario – Programa- Subvención
HH.TT.FF. Rebaño de María – Obra Social Sí a la Vida – 18.000 euros
Asociación Redmadre Coruña – Intervención para mulleres xetantes e lactantes- 24.000 e 10.000 euros
Asoc. Redmadre Pontevedra – Nais 2011 – 22.000 euros
Asoc. Redmadre Ourense – Nais 2011 – 7.000 euros
Asoc. de Ayuda a la Vida Ayuvi – Programa Tu Puedes – 10.000 euros
Todos os colectivos arriba citados forman parte ou colaboran con Red Madre, como se pode comprobar nas webs dos ultraconservadores Hazte Oir ou na propia páxina de Red Madre Galicia.
Red Madre é una iniciativa antiabortista nada do Foro Español de la Familia, un ‘lobby’ conservador e católico apoiado pola Asociación Católica de Propagandistas.



