A cantidade da que estamos a falar son 3000€, dos cales 2000€ irán destinados a pagar o traballo dos actores e actrices porno, e os 1000€ restantes para o dominio, os desprazamentos, os alugueres de equipo e, pase o que pase, o envío dunha fita para o presidente da Xunta, que boa falta lle fai.
Si, precisamos de cartos, por este motivo temos habilitada de forma paralela ao merchandising esta función de doazón; se cadra, sabémolo, non é tan interesante para quen desexe axudarnos como a de tenda, porque aquí a cousa vai de puro altruísmo, sen esperar nada a cambio.
Moito che habemos agradecer en todo caso que fagas uso dela. O mecanismo é ben sinxelo, e abonda con premeres no botón embaixo e cubrires o formulario cos teus datos bancarios. Se dispós dunha conta PayPal, segue as indicacións; e se non dispós dela, repara en que, unha vez premido o botón, na nova ventá, abaixo, á esquerda, hai a posibilidade de facer a transferencia desde a túa tarxeta de crédito ou a túa conta bancaria. Con todo e iso, se polo que for non dás coa maneira, contacta connosco.
Nin que dicir ten que os contribuíntes apareceran nos créditos, a menos evidentemente que prefiran manter o anonimato.
Faltan 2410 €
0 €
3000 €
