A idea inicial de gravar un filme porno en galego xurdiu na comunidade de GalegoLab. Unha vez aí, a idea pasou a ter o status de proxecto, e foi daquela cando comezou a tecerse unha rede clientelar ao máis puro estilo da política galega. Ao primeiro, houbo que recrutar os guionistas, cinco. A seguir viñeron os fotógrafos, os produtores, o director e outras almas xenerosas que abrollaron sen ninguén lles pedir nada e ás cales moito llelo hai que agradecer.
Trátase dun proxecto aberto, quere isto dicir moitas cousas, pero para o caso fai referencia a que o equipo aínda non está pechado. Calquera pode ser un contribuínte, ben poñendo cartos, ben achegando material ou ofrecendo as súas destrezas nun determinado campo. A este respecto, quen desexe botar unha man non ten máis que se pór en contacto connosco e dicirnos de que maneira podería participar.
Canto aos nomes dos xa embarcados, todos eles figuran segundo o tipo de contribución nas ligazóns da columna da dereita.
