Blog « O divino ferrete

Amais dos blogueiros oficiais, tamén colaboran na actualización do noso blog os guionistas.

Blog

Xaquín Saurin

Xaquín Saurin naceu na cidade da Coruña en 1970 e estudou arquitectura na súa universidade. A súa militancia en organizacións de esquerdas levouno a ingresar en diferentes colectivos LGTB, nos que desenvolve programas pedagóxicos en centros de ensino. Cómpre salientar tamén a súa defensa do coñecemento libre.

Olalla Tuñas

Olalla Tuñas naceu na Serra de Outes en 1989. Malia a súa curta idade, conta con importantes premio literarios, como o Francisco Añón ou o Ánxel Casal, de poesía e conto respectivamente. Así mesmo está vinculada ao teatro e á música folclórica galega. Na actualidade é estudante de Xornalismo na USC, e escribe para o dixital Galiciaé.

Ana Vispo

Ana Vispo, filla de emigrantes galegos, naceu en Lausanne en 1988. Estuda o último ano de Xornalismo na USC e reside agora en París, cunha bolsa de estudos. Ten en mente facer un mestrado a distanza sobre sexoloxía. Amais, dende hai anos ten unha sa obsesión coa literatura erótica e co sexo en xeral.

José Andrés

José Andrés naceu en 1981 na cidade da Zaragoza, un día despois do golpe de estado de Tejero e un día antes do 28º aniversario de Aznar. É doutor in fieri en xornalismo. Actualmente reside en Madrid, despois de varios anos viaxando por Europa e América. Apaixonado dos sucesos, a literatura subversiva e o sistema financeiro dinamarqués, detesta a sociedade que o arrodea e desexa colaborar neste espazo aberto de comunicación, sobre sexo e en galego, lingua que quere ben malia non ser a de seu.

Alicia Pérez

Alicia Pérez naceu no Grove en 1989. É estudante de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, onde trata de aprender a contar os feitos e non a manipulalos, unha tarefa nada sinxela; dalgunha maneira, participa neste blog sobre sexo como un medio de defensa da liberdade de expresión. Rematada a carreira, tratará de estudar un mestrado relacionado co Xornalismo Audiovisual.

Marga Tojo

Marga Tojo naceu en Santiago de Compostela. Traballou de xornalista no diario Galicia Hoxe e forma parte do consello de redacción de Altermundo.

Helena Capera

Helena Capera naceu en Catalunya en 1983 e dende hai tres anos vive en Galicia. Traballou en distintos medios de prensa escrita de Barcelona e actualmente segue a comunicar dende o sector da cooperación e a solidariedade.

Laura Camino

Laura Camino naceu en Compostela en 1980. Xornalista de profesión mais con vocación de escritora, foi redactora de Galicia Hoxe, único diario en galego até a súa recente desaparición. Mantén o blog A Fervenza do Sur, que asina baixo o pseudónimo de Nela Bernal e no que escribe sobre actualidade, reflexións, experiencias e novas cunha perspectiva de sexo, que non de xénero.