Dirección artística « O divino ferrete

Dirección artística

Rogelio Fernández

Rogelio Fernández naceu na Coruña en 1973. Licenciouse en Dereito mais deixou o seu exercicio para centrarse na súa carreira de artista. En dez anos, en diferentes cidades e en diferentes obradoiros, ten traballado con diversos materiais -pedra, bronce, madeira, resinas ou porcelana- e realizado exposicións e encargos artísticos. Nos últimos anos toma contacto co audiovisual traballando na montaxe de escenarios e decorados para cine, teatro e televisión. Realiza vídeos para grupos musicais, museos, universidades, así como tamén vídeos experimentais. Actualmente é membro de Mano izquierda, colectivo artístico multifunción.