Ilustración
Héctor Barros
Héctor Barros naceu en Monforte de Lemos en 1980. É un ilustrador de formación case exclusivamente autodidacta, complementada con estudos de grao medio de Ilustración na Escola de Artes e Oficios Antonio Failde, en Ourense. Durante anos traballou como asistente en labores de edición no Fancine Insomniae. En 2009 traballou como colorista no álbum “La conjetura de Poincaré” da editorial Diábolo. Colabora coa revista benéfica 11-M (En Tinta Propia) e BOOM! Cómics. A súa experiencia esténdese á ilustración de libros de texto, banda deseñada e deseño de preprodución.
Amaia Míguez
Amaia Míguez, filla de pai galego e nai filipina, naceu en Biscaia en 1982 pero leva case toda a vida na Coruña. É deseñadora gráfica, pintora e ilustradora. Formouse na escola de Arte e Deseño da Coruña, aínda que debuxar leva debuxando dende que ten uso de razón. Gústalle a arte en prácticamente todas as súas vertentes. É seguidora do movemento artístico Low Brow norteamericano. Traballou de freelance como deseñadora gráfica para varias empresas galegas e en 2009 foi a deseñadora oficial dunha obra de teatro húngara, Os soñadores (baseada no filme de Bertolucci). Na actualidade está a expoñer a súa obra recente por diferentes lugares da Coruña. Admira a estrela do porno Sasha Grey, e de feito xa a ten debuxado en máis dunha ocasión. Máis información no seu sitio web.
