Interpretación « O divino ferrete

Actores e actrices

Totó García

Totó García naceu en Ferrol en 1983 e hai catro anos que traballa na industria pornográfica. Debutou como actor en 2006, e foi en 2007 cando decidiu abrir diversas páxinas web relacionadas co porno, unha das cales, PlaceresVirtuales.com, levou o premio Ninfa ao mellor contido erótico no Festival Internacional de Cine Erótico de Barcelona. Actualmente é un dos socios maioritarios de PorNoaburrirse.com, ademais de principal actor, produtor e desenvolvedor web.

Yara Lamas

Yara Lamas naceu na Coruña en 1985. Estudou Relacións Públicas e comezou no cinema para adultos hai relativamente pouco tempo, malia o cal xa se converteu na actriz porno galega de referencia. Escribe o seu propio blog, aloxado na web galega PlaceresVirtuales.com.

Voces e narración

Monti Castiñeiras

Monti Castiñeiras naceu en Santiago de Compostela, onde estudou Filoloxía Inglesa e Maxisterio na USC. Amais, fixo cursos de dicción, ortofonía, canto ou voz, os cales lle valeron para se facer un oco no mundo da dobraxe desde 1985. Como actor, traballou en teatro, televisión e cinema. Destaca a súa participación nas principais serie galegas producidas pola TVG, entre elas Terra de Miranda ou Libro de Familia. Entre os seus traballos recentes figura a súa participación na longametraxe O club da calceta.