Produción « O divino ferrete

Produción

Eva Pinheiro

Eva Pinheiro naceu na Coruña en 1975. Alí estudou Arquitectura Técnica. Despois dunha ampla experiencia na construción e de morar en Lisboa e Barcelona, agora está de volta en Galicia, dende onde colabora con movementos sociais tantos de ámbito galego como catalán, relacionados coa infravivenda e o movemento okupa. O seu activismo levouna a producir, xunto con genera, un cabaret de denuncia da situación de violencia que sofren as mulleres traballadoras do sexo en Barcelona, coa participación da actriz e estriper Enma Silva e da cantante Amparo Sánchez. Tamén participou na produción do proxecto La ciudad tomada, canda o Sr. Lorenzo, así como noutras performances e accións revindicativas. Ten interese e investiga temas de liberación sexual e de xénero, cooperativismo e autoconstrución. É unha firme defensora da cultura e lingua propias.