Son
Bene Riobó
Bene Riobó naceu en Marín en setembro de 1978. Estudou o grao superior de técnico de son na Coruña e máis tarde Maxisterio por educación primaria en Pontevedra. Até este verán estivo traballando nun pequeno estudio de gravación musical. É guitarrista e vocalista do grupo galego de rock alternativo Maedi Visna.
Roberto Mallo
Roberto Mallo naceu na Coruña en 1980. Comezou a interesarse seriamente pola música co achado de
The Velvet Underground, mentres cursaba estudos secundarios. Foi daquela fan de
Jenna Jameson, mais cando a actriz se deu á cirurxía, Mallo optou polo cinema porno clásico, o filme
Deep Throat, por exemplo. No laboral, estudou para técnico de son, oficio que hoxe desempeña. Mallo é tamén saxofonista e
blogueiro.