Literatura « O divino ferrete

O divino sainete, obra maxistral de Curros Enríquez publicada en 1888. Nela arremete, coa forza que dá a razón, contra a opulencia e o luxo característicos da Igrexa Católica. Curiosamente, Curros non foi procesado e condenado -malia que ao cabo absolto- a dous anos e 4 meses de cadea e ao pago dunha multa de 250 pesetas por este título, senón polo anterior, Aires d'a miña terra.


Lois Pereiro, o poeta monfortino, autor de culto e referencia da contracultura galega, ao que lle será dedicado contra todo prognóstico o Día das Letras Galegas de 2011, foi tradutor de filmes pornográficos durante os anos oitenta. Si, Pereiro é un referente.